Vive en defensa do monte galego


Blogs

VIVE
26/02/08 09:45

30 de xaneiro 2008

Esta quenda xa vai chegando ao seu fin, pero ainda nos queda tempo que aproveitar…

Estivemos nos terreos xestionados pola Cooperativa Monte Cabalar e, a pesares do mal tempo, puidemos ver un pouco do que alí están a facer. Nos montes do sur do concello da Estrada estase a desenvolver un proxecto piloto, que trata de facer unha explotación do monte dun xeito sostíbel: diversificando os seus usos e desenvolvendo actividades que van desde a explotación gandeira extensiva para a produción de carne ecolóxica a unha xestión sustentábel dos recursos forestais e a súa explotación de acordo co código de boas prácticas forestais.

Voltaremos a Monte Cabalar e seguirémosvos contando máis cousas sobre este interesante proxecto.

Polo momento, estas son as sensacións dentro do VIVE 2008. A todos e todas os/as alumnos/as de Narón, A Coruña e Cangas, moitas grazas e… moito monte!!

Ver todas as fotos

 

 



© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade