Vive en defensa do monte galego


Novas

DESENVOLVERASE EN DEZ QUENDAS DE XANEIRO A MARZO

Ábrese o prazo de inscrición no VIVE 2009

[14/10/2008] Todos os centros de ensino interesados poden facer xa a súa solicitude para a participación do seu estudantado na nova edición do Vive en Defensa do Monte Galego. A primeira das quendas comeza o 12 de xaneiro.

Saída de grupo na pasada edición

Saída de grupo na pasada edición

O Vive en Defensa do Monte Galego é un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural e cultural galego que promove o voluntariado entre a mocidade a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á recuperación do noso monte. Todo isto, nun marco lúdico de convivencia entre escolares de diferentes centros galegos de ensino.

Poderán participar no programa, a través dos seus centros de ensino, o estudantado galego de 3º e 4º da ESO e de 1º curso de Bacharelato que non teña cumpridos os 18 anos no momento da participación.

Obradoiros, realización de viveiros, saídas para a rexeneración de ecosistemas forestais, rutas de orientación, visitas aos núcleos rurais, interaccións nocturnas... O programa ofrece unha morea de actividades para a formación e a sensibilización dos grupos participantes en materia de patrimonio natural e cultural.

O programa desenvolverase, un ano máis, no albergue xuvenil das Sinas (Vilanova de Arousa) en réxime de aloxamento e pensión completa. Realizaranse dez quendas de catro xornadas cada una (de luns a xoves). A primeira quenda terá lugar do 12 ao 15 de xaneiro; a quenda final, na última semana do mes de marzo.

 Voltar


© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade