Vive en defensa do monte galego


Novas

SEGUE NA WEB AS EVOLUCIÓNS

O VIVE 2008 repetirá o éxito de participación do ano pasado

[03/03/2008] Os primeiros meses do ano son os dedicados ás actividades do programa VIVE en Defensa do Monte Galego. Xa podes seguir desde esta web as evolucións da edición 2008, que vén de superar o seu ecuador.

Participantes da segunda quenda de VIVE 2008

Participantes da segunda quenda de VIVE 2008

A través desta iniciativa, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade quere fomentar a conciencia cívica dos máis novos en todo o relacionado co patrimonio natural galego. No programa participan estudantes de 3º e 4º de ESO e mais de 1º de Bacharelato. Cada semana ten lugar unha nova quenda de catro días, coas instalacións do Albergue Xuvenil das Sinas como cuartel xeral.

Na edición de 2007, arredor dun milleiro de rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de gozar do programa VIVE. Este ano repetiranse as cifras de participación coa presenza de estudantes de máis de trinta centros de toda a xeografía galega.

Desde o mes pasado e até finais de marzo, os grupos participantes están a levar a cabo unha longa serie de actividades orientadas á sensibilización co noso patrimonio natural: recollida de sementes, realización de viveiros, aproximación á problemática dos lumes, tarefas de reforestación e rexeneración de ecosistemas forestais, roteiros de orientación, etc.

Desde agora xa podes facer un seguimento das actividades que, semana a semana, se realizan no marco do programa VIVE. Para iso, podes visitar e permanecer atento/a ás novidades no Blog VIVE e na sección multimedia deste sitio web.

 Voltar


© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade