Vive en defensa do monte galego


VIVE en defensa do monte galego

Un dos obxectivos principais do programa de Voluntariado en Defensa do Monte Galego pasa por sensibilizar e educar en materia ambiental en xeral e na prevención de incendios en particular. Para achegar esta proposta a todos os sectores da poboación galega, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado creou o programa específico VIVE, destinado aos rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO, ademais do estudantado de 1º de Bacharelato que non cumprira os 18 anos no momento da participación.

VIVE en defensa do monte galego achega unha serie de propostas específicas centradas na educación e na promoción de voluntariado. Baixo este título propoñemos tamén actividades lúdicas e deportivas, nas que os e as participantes poderán compartir esta experiencia con mozos e mozas doutros centros galegos de ensino.

Cunha duración de catro días por quenda, o programa gratuíto VIVE desenvólvese nas instalacións do albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa.

Grupo de rapaces e rapazas nas actividades de VIVE

VIVE é unha proposta destinada a que os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato se acheguen á realidade do monte galego desde o lecer


© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade