O programa de Voluntariado en Defensa do Monte Galego é unha iniciativa de apoio, sensibilización e información sobre a necesidade de protexer o noso medio.
Xurde froito da acción cidadá que rexeita, denuncia e identifica a situación de desastre ecolóxico, social e económico provocada polos incendios forestais que desde hai anos arrastra Galicia.
O dispositivo impulsado pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como sistema de prevención de novos lumes mantense tamén como garantía na posta en marcha de actuacións e proxectos necesarios para recuperar a superficie queimada e blindar o noso patrimonio ambiental no futuro inmediato.
Esta iniciativa realízase en coordenación coa Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente, concellos, universidades, comunidades de montes, colectivos veciñais, organizacións ecoloxistas e resto do tecido social vencellado á problemática dos incendios forestais.
Na presente campaña de 2008, os dispositivos de vixilancia disuasoria sitúanse, desde o mes de marzo, naquelas zonas de Galiza nas que ano a ano se repiten os lumes de primavera. Para entrares a formar parte do teu dispositivo máis próximo e sumar o teu esforzo ao de milleiros de voluntarios e voluntarias, só precisas apuntarte nas listas chamando gratuitamente ao
Teléfono Solidario, o
900 400 800. Únete a nós!