Os arquivos RSS son unha versión da información da web presentada en elementos informativos chamados items. Estes, normalmente, constan de título, resumo e ligazón ou URL da web de orixe. Ao tempo que se actualizan os contidos da web, os arquivos RSS reescríbense automaticamente.
Estes arquivos non se poden visualizar directamente co navegador senón que fai falla empregar un lector específico, que pode ser unha aplicación web ou local instalada no ordenador do usuario, e que funciona de maneira semellante a un programa de correo electrónico. Consulta con determinada periodicidade os enderezos dos RSS para amosar a última versión dispoñíbel do arquivo.