Blogs

Jacobo Fernández Meléndez
21/08/08 11:34

OS FORNOS DE CAL

          

          Os fornos de cal contaban con grandes muros de pedra que axudaban a manter elevadas temperaturas internas cando o forno traballaba ademais de soportar firmemente as dilatacións dos sus elementos. Ó forno accédese pola porta ou boqueira. No interior atopamos, a un metro do chan, un zócalo ou zapata onde se arma a pedra caliza.

            A caleira énchese con pedras de cal que se dispoñen en fileiras, atendendo o tamaño e a forma, constituíndo unha falsa cúpula. Entre as pedras quedan ocos que permiten o paso das lapas.  

          O forno precisa manter unha temperatura, máis ou menos constante, de 1000 ºC.Para quentar o forno queimábase leña de aciñeiras, tamén denominado xardón, e castiñeiro.  

          Por riba da pedra calcaria  cargabanse unhas 60 paladas de carbón e logo de prendido deixábanse calcinar unhas 3 horas.  

          A calcinación supón unha reacción química mediante a que se transforma a pedra caliza nun novo composto químico de cor branca que e o cal. 

CaCO3 + CALOR = CaO + CO2      

            



© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade