Francisco Fernández Barrio
18/08/08 16:10
18/08/08 16:10
Rotas de vixianza pola serra do Leboreiro
Como fixemos dende marzo, tentamos diversificar as zonas de vixianza, repetir o menos posible as rotas, abarcar o maior territorio posibel, buscando espazos que se adapten os nosos obxectivos: facernos ver polos pobos, buscar gran visivilidade os días de risco de incendios, coñecer o medio natural, a súa xeografia, a xente,flora, fauna, historia e potenciais. Sempre tentando ter as xornadas máis agradables e satisfactorias posible.Gustanos camiñar, e por iso que preparamos roteiros a pé. Entre outros moitos lugares, vixiamos pola Serra do Leboreiro, entre Galiza e Portugal, pero que realmente conforma unha unica realidade, con unha historia que se fai evidente ala onde mires, ten a maior densidade de monumentos megalíticos de toda a provincia de Ourense, mamoas (entre elas a considerada máis grande de provincia), menhires, petroglifos, etc . Castros, foxos do lobo, pobos ancestrais son outras mostras da humanización desta serra.O modo de vida nesta terra non variou moito nos últimos 5000 anos, 5 milenios vivindo do pastoreo. Cando o home deixou de ser recolector para facerse pastor, foi cando comezou a alterar fortemente o seu entorno, precisaba pastos, polo que roturou as fragas, e precisaba mantelos polo que empregou o metodo da estivada ou queima, e asi se moldeou esta paisaxe, as grandes extensións de matogueiras de carqueixas e uzes (con algun endemismo polo medio), os menhires e outros restos megaliticos (que tiñan unha función territorial, de delimitación de espazos, aparete da funeraria) transpórtannos a outros tempos.Ese uso ancestral do lume é hoxe un auténtico perigo, de erosión sobre todo, para a fauna, para a recuperación do bosque,…E dende aquí divisamos boa parte da provincia de Ourense e Portugal, polo que é un lugar óptimo para a vixianza.