Blogs

Chus e Branca
18/07/08 10:12

Lindas orquídeas

Coñecíades a existencia de Orquídeas salvaxes nos montes galegos??

Pois o certo é que temos catalogados 39 especies en Galicia, das cales 27 podémolas atopar en VALDEORRAS!

 

Estamos nun entorno privilexiado, e camiñar co VOLUNTARIADO polos montes desta comarca pódenos deparar gratas sorpresas. Fermosos exemplares de Anacamptis pyramidalis, que escomezarán agora en marzo a sua floración ou da diminuta Cephalanthera rubra poboan os montes de Rubiá e Vilamartín.

 

Anacamptis pyramidalis Cephalanthera rubra

 

O certo é que aquí temos duas das cousas que as orquídeas requiren: sustratos calcáreos e clima mediterráneo.

Convidámosvos a vixiar o monte con nos e abrir ben os ollos para velas!




© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade