Blogs

Paulo Vázquez
17/07/08 13:52

Na Galiza esquecida

O Teixadal de CasaioPois si; esta semana estivemos nun deses rincóns no que o Sil se deita manso sabendo certo a súa morte pouco máis adiante, e  tamén estivemos por vales nos que as aldeas agochadas e construidas co saber dos nosos avós (verdadeiros inventores da arquitectura sostíbel) cuspen na face da agora chamada confortabilidade,  e si... estibemos onde a natureza ameazada se quere esquecer do paso do tempo baixo a ameaza das pizarreiras e, por suposto, á que os voluntarios collemos da nosa man e descubrimos un recuncho chamado Teixadal de Casaio.O río Sil

Pois si!! Alí estibemos nós e ainda me duran os ciumes porque son os ollos de Jacobo ( o coordinador da zona) os que graban esa paisaxe todas as semanas.

Ata a próxima e gracias polo agasallo VALDEORRAS.



© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade