Blogs

Chus e Branca
26/06/08 10:26

Xabróns e tintes naturais

Aprendendo con Raquel, unha encantadora veciña de Requeixo (concello da Veiga) sobre o proceso do Liño @s voluntari@s de Valdeorras aprendemos un aproveitamento máis do monte: Aquí, pra poder lavar e branquear o liño facían o seguinte:

Botaban a cocer nun caldeiro de auga osos de xamón, unto, touciño…e logo engadíanlle cinsa de carballo. E con aquelo a cocer, lavaban e branqueaban o liño.

Logo, gardaban esa auga para o proceso de tinguir. Para elaborar o tinte castaño, collían a cortiza do amieiro en verde, e botaban as codias en anacos a cocer en auga. Pasaban as madeixas do liño da auga das cinsas á auga das cortizas alternativamente, e poñíano ó sol. Cantos máis baños na auga das cortizas, máis escuro saia o tecido. Disque unha vez collida a cor, na vida destiñe.

E logo, por que será que perdemos os saberes??



© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade