(3'54'') 16/08/2008 Arzúa
Dentro da xornada de vixilancia cambiando de punto de control achamos unha xornada de sega organizada pola Asociación Anxel Casal de Arzúa, e como o índice de risco de lumes estaba baixo, decidimos aproveitar a ocasión xurdida ao azar para coñecer como era un dos traballos máis duros e indispensábeis do rural galego. Fomos moi ben recibidos e ensináronos moito sobre a vida e a sega cumprindo así unha das nosas funcións, que cando xurde a ocasión e o risco de lume nolo permite aproveitamos para coñecer o noso rural, aprender sobre os traballos e as costumes. Foi no concello de Arzúa, na parroquia de Pantiñobre, nas "xornadas do pan" organizadas pola Asociación Anxel Casal de Arzúa e por un golpe de azar puidemos asistir á seitura co campionato de sega e de ata dos mollos.
Autor: Autor: Paulo Vázquez e Chus Domínguez Voluntariado - Voluntariado