Novas

IMPARTIRASE EN COMPOSTELA E VIGO

Aberto o prazo de inscrición no primeiro curso de formación de Voluntariado en Defensa do Monte Galego

[14/01/2009] A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos do Programa de Formación do Voluntariado 2009 que se impartirán durante o vindeiro mes de febreiro, entre eles o curso de Orientación e GPS.

Exercicios de orientación

Exercicios de orientación

O primeiro curso de Voluntariado en Defensa do Monte Galego deste ano será Orientación e GPS no Voluntariado do Monte Galego, que se realizará en Santiago de Compostela o o 7 de febreiro e o 28 en Vigo. O prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de febreiro e o 23 do mesmo mes, respectivamente.

Toda a información sobre o calendario de cursos está no Programa de Formación do Voluntariado 2009 da web de Voluntariado Galego, ademais dos formularios de inscrición en cada un dos cursos. Recoméndase, sobre todo ás/aos novas/os alumnas/os, unha atenta lectura ás instruccións á hora de cubrir o formulario de inscrición e así evitar erros moi comúns (correo electrónico incorrecto, non validar a conta cando se recibe a mensaxe para confirmar a mesma e completar a inscrición, etc.) que conducen a fallos no proceso.

No caso de superarse o número de prazas habilitadas, a selección farase por orde de validación de conta. Por este motivo recoméndase que, no momento de cubrir o formulario de inscrición, o alumno ou alumna consulte a súa conta personal de correo electrónico, abra a mensaxe enviada polo sistema informático e prema na ligazón que aparece para validar a súa conta.

Unha das novidades que se introduce este ano no proceso de inscrición a través desta web é que a confirmación da matrícula se fará a partir do día no que se pecha o prazo de anotación no curso e sempre antes da xornada de comezo da acción formativa.

Tanto no caso dos cursos presenciais como en liña, establécese un límite de prazas polo que, sempre en función da demanda, considerarase a posibilidade de realizar unha segunda convocatoria noutras datas distintas ás oficiais, comunicándoo convenientemente en tempo e forma a todas aquelas persoas que se anotaron no curso ou manifestaron o seu interese por asistir. No caso contrario, de non cubrirse as 15 prazas mínimas, o curso suspenderase. Así mesmo, as/os alumnas/os deben ter en conta que non obterán o diploma do curso se faltan a máis do 15% das horas do curso.

 Voltar


© Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

RSS | Aviso legal | Accesibilidade